A Xunta pretende coutar o desenvolvemento urbanístico de Pontevedra

Os informes remitidos pola Xunta a respeito do novo PXOM imposibilitan calquera desenvolvemento da cidade e do rural, ao poñerlle problemas a máis do 70% das superficies que o PXOM propón como edificábeis de calquera tipo, en concreto:

- Ao 100% da ampliación da cidade

- Á práctica totalidade de Ponte Sampaio

- A todos os terreos industriais e produtivos

- Aos terreos dotacionais

- A máis do 72% dos núcleos rurais existentes.

Aplicando os criterios que se impoñen no informe da Xunta, nin Pontevedra nin ningún dos núcleos rurais e urbanos poderían existir.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Arquivo a descargar