Pontedeume 7 de maio 2012. O 24 de febreiro presentamos infrutuosamente unha proposta por escrito con entrada por rexistro para celebrar o Día da Árbore 2012 en Pontedeume e unha pregunta no pleno ordinario do 2 de abril con respostas insatisfactorias debido á pouca sensibilidade do PP no capitulo medioambiental. Ver proposta.
Pontedeume 29 abril 2012. O BNG de Pontedeume crítica a rebaixa sustancial feita na declaración institucional sobre a situación do sector naval acordada por PP-PSOE no Concello de Pontedeume, con respeito aos acordos acadados no Parlamento Galego polas tres forzas con representación PP-PSOE-BNG.
Pontedeume 1 de abril de 2012. O BNG de Pontedeume quere denunciar a responsabilidade do PP e do Sr Feijo na catástrofe ecolóxica de maior gravidade dende a acontecida co gallo do afundimento do Prestige hai agora 10 anos.
Pontedeume 10 de maio. Este venres 11 de maio ás 20h na Casa da Cultura de Pontedeume, o BNG da localidade organiza a presentación do audiovisual “Estrela na alba, o pensamento político de Castelao” (vídeo editado polo BNG para conmemorar o 125 aniversario do nacemento do pai do nacionalismo galego) da má de Manuel Rei Romeu, recoñecido estudoso do autor e da súa obra, que agasallará ós presentes cun exemplar do libriño “Volver a Castelao” editado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega con motivo desta efeméride. [...]