Novas

  

RENUNCIO Á ACTA DE CONCELLEIRO NO CONCELLO DE PONTEDEUME

 Publicamente, quero agradecer á miña organización, o BNG, e  especialmente a todos os veciños/as que nos apoiaron, a confianza depositada en min e  na nosa organización  ao longo destes anos: dous mandatos no goberno (1999-2007) e un na oposición (2007-2011). [+]


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME SOBRE OS RECORTES DO PLAN CONCERTADO DA XUNTA DE GALIZA

Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender as persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP, na Xunta de Galiza, vén de suprimir e recortar as achegas que desenvolven servizos sociais básicos [+]


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME POLA CELEBRACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO.

A violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres. É a manifestación máis clara e brutal da desigualdade aínda existente entre mulleres e homes na nosa sociedade, poñendo de manifesto que falta moito camiño por andar até rematarmos completamente coa discriminación e subordinación das mulleres e acadarmos unha sociedade igualitaria. [+]


RESUMO DA INTERVENCIÓN DO NOSO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME, MANUEL REI ROMEU, NO MITIN DO PASADO DOMINGO.

Saúdo e transmito os agradecementos, en nome do BNG de Pontedeume, a todos os aquí presentes.

Só unha breve reflexión:
As vindeiras eleicións do 20N prodúcense nun CONTEXTO determinado pola crise, os recortes sociais; o que ten orixinado incerteza e desconfianza cara ás forzas  de goberno e cara ás forzas políticas en xeral. [+]


O DOMINGO 13 DE NOVEMBRO O BNG DE PONTEDEUME CELEBROU O MITIN DE CAMPAÑA PARA AS ELECCIÓNS AO CONGRESO E AO SENADO DO ESTADO ESPAÑOL.

Perante un público realmente comprometido cos intereses de Galiza, dado o día e hora á que se celebrou coincidente co clásico do futbol galego, interviñeron no mitin; Manuel Rei Romeu ( Portavoz Municipal do BNG de Pontedeume), Fernando Blanco Parga ( Deputado no Parlamento Nacional ) e Jessica  Fernandez Polo ( Candidata nº3 ao Congreso pola Coruña ), que convidaron aos asistentes a mobilizarse e convencer pola forza da razón, a familiares, amigas-os e compañeiras-os de traballo de que o voto útil para as galegas e os galegos é o voto ao BNG. [+]


O GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME VOTOU NO PLENO EN CONTRA DA SUBA DE TAXAS MUNICIPAIS QUE PRETENDE APLICAR O GOBERNO DO PP.

O goberno municipal do PP pretende subir as taxas da rede de sumidoiros nada menos que un (3,1%), o subministro de auga un (3,1%), a piscina e o ximnasio un (3,1%) e  a recollida de lixo un (4,3%). [+]