Novas
SOLICITAMOS QUE SE DECLARE O 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento. [+]
O BNG denuncia o peche da oficina bancaria da antiga Caixanova
Os efectos da liquidación do sector financieiro galego ideado por PP-PSOE, xa se fan notar en Pontedeume. [+]
O BNG de Pontedeume denuncia a supresión de gardas nocturnas de farmacia e presenta unha moción contra esta medida.
Cos únicos votos do Partido Popular, o Parlamento galego aprobou a Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2012 cunha modificación da Lei de Ordenación Farmacéutica que permite eliminar as gardas nocturnas das oficinas de farmacia en determinadas circunstancias. [+]
Moción do Grupo Municipal do BNG de Pontedeume contra a suba do imposto de bens inmobles (IBI ).
Diante desta grave medida que obriga a un incremento impositivo que prexudicará á cidadanía, cun grave impacto nas economías domésticas e que invade as competencias municipais, correspóndelle ao Goberno galego actuar para preservar a autonomía dos concellos galegos, e non optar polo silencio cómplice diante da inxusta imposición do Goberno Central. [+]
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Pontedeume presenta unha moción contra a orde da Consellería de Sanidade que regula a asistencia sanitaria a persoas desempregadas e ás sen recursos.
O día 9 de setembro de 2011 a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza publicou no Diario Oficial unha orde na que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes e para as persoas desempregadas. Segundo se indica no texto literal reproducido, as persoas afectadas só teñen dereito, previo compromiso de pago, á atención de urxencias e emerxencias, é dicir , perden o dereito á sanidade pública universal [+]
A NOSA POSTURA NO OUTORGAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS NO CONCELLO DE PONTEDEUME
Achego esta información para que os eumeses saibades o que ocorreu no Pleno Extraordinario.
Fago referencia ao pleno do 14 de decembro, no que se debatían en tres puntos independentes os expedientes de Honras e Distincións para:
Ramiro Fonte Crespo: Biblioteca Municipal “Ramiro Fonte”.
Abelardo Miguel López Leira: Fillo Predilecto.
Antonio Leira Díaz: Escola de Música “Maestro Leira” [+]