“A Estrela na alba, o pensamento político de Castelao”

Pontedeume 10 de maio. Este venres 11 de maio ás 20h na Casa da Cultura de Pontedeume, o BNG da localidade organiza a presentación do audiovisual “Estrela na alba, o pensamento político de Castelao” (vídeo editado polo BNG para conmemorar o 125 aniversario do nacemento do pai do nacionalismo galego) da má de Manuel Rei Romeu, recoñecido estudoso do autor e da súa obra, que agasallará ós presentes cun exemplar do libriño “Volver a Castelao” editado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega con motivo desta efeméride.
Co gallo deste 125 anos do seu nacemento, e debido a que hoxe a obra e  ideario de Castelao están máis vixentes ca nunca, pola  necesidade que temos o pobo galego de conquistarmos o noso futuro mediante a Soberanía e o Traballo, é precisamente polo que os fillos de Castelao temos a obriga de sacar á luz a vida e obra desta figura senlleira do nacionalismo galego, fronte á teima de ocultación, caricaturizacíon e valeirización de contido que sempre auspiciou o españolismo, con esta e outras figuras figuras senlleiras galegas coma Rosalía de Castro. Neste contexto é no que dende o BNG de Pontedeume, enmarcamos este acto ao que está convidada toda a cidadanía e que agardamos poidamos por un ponto de luz a tanta oscuridade vertida sobre Castelao, para así poder descaricaturizalo e que o público poida disfrutar del  na súa verdadeira dimensión.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]