O PP votou en contra dunha proposta do BNG para o desenvolvemento dun plano de arborado a nivel municipal.
O 24 de febreiro presentamos infrutuosamente unha proposta por escrito con entrada por rexistro para celebrar o Día da Árbore 2012 en Pontedeume e unha pregunta no pleno ordinario do 2 de abril con respostas insatisfactorias debido á pouca sensibilidade do PP no capitulo do medioambiente. Ver proposta.
O Grupo Municipal do BNG de Pontedeume deríxese a este Pleno para espertar e fomentar o interese polo medio ambiente.
A deixadez pola renovación e pola criación de espazos verdes en Pontedeume é dunha carencia total de sensibilidade para a cidadanía, especialmente para os maiores, amantes no verán desa refrescante sombra, e para os máis pequenos que deben medrar coa concienza de amar e coidar o medio ambiente do que formamos parte.
Hai que ver fotografías antigas de principios do século pasado en Pontedeume cando se celebra a Día da Árbore entre todos, engalanados e sen límites de idades, como un día de festa. No comenzo da primavera os nosos antergos plantan os que hoxe podemos consideralos árbores senlleiros, aínda que tamén outras son víctimas de xentes ignorantes de mediados de século.
Máis tarde nos anos 80 e 90 vóltase a celebrar con escasa continuidade, participando todos os escolares eumeses, casos das avenidas de Ferrol e Ricardo Sánchez.
Desde entón, xa neste século XXI, a plantación pola banda dos distintos gobernos de Pontedeume son nulas. Empezando pola inexistente, para os cidadáns, Alameda de Raxoi e descontando as tímidas reposicións nos xardíns de Lombardero, soamente asistimos a actuacións arbóreas destacables por parte da Consellería de Educación e Portos de Galicia.
Sabemos da existencia de especies de árbores que precisan máis coidados fitosanitarios e doutras de vida máis curta que se deben sustituir antes de secar por completo. Este é o caso de todas as árbores da Praza do Conde, da beirarrúa superior do parque Sarmiento e zonas de recreo nos espazos parroquiais.
A actuación na Praza do Conde é plantar árbores de porte medio cunha separación prudente dos xa plantados para evitar quedar sen sombra e no Parque Sarmiento é nos macizos interiores e, para rematar, talar os que estropean agora a beirarrúa. A plantación nas parroquias pode ser nas pistas polideportivas das asociacións e outros lugares de responsabilidade municipal.
Pontedeume ten necesidade en varios lugares da vila e das parroquias de sombrear espazos que no verán non son utilizados a causa do sol.
Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1.- Restituír para todas as xeracións a festa anual do Día da Árbore.
2.- Localizar e estudar futuras plantacións arbóreas.
3.- Desenvolver un plan plurianual de intervencións fitosanitarias