PP-PSOE de Pontedeume acordan unha Declaración Institucional sobre o Sector Naval rebaixando compromisos respeito ao acordado por unanimidade no Parlamento Galego.
Pontedeume 29 abril 2012. O BNG de Pontedeume crítica a rebaixa sustancial feita na declaración institucional sobre a situación do sector naval acordada por PP-PSOE no Concello de Pontedeume, así coma na maioría dos concellos da Comarca de Ferrolterra, agás Mugardos e San Sadurniño, con respeito aos acordos acadados no Parlamento Galego polas tres forzas con representación PP-PSOE-BNG. Xa que este último non contempla catro pontos fundamentais que sí aparecían reflexados nos acordos (PP incluído) aprobados no Hórreo, ao seren aprobadas por unanimidade duas mocións presentadas polo BNG relativas ao sector naval, que polo contrario desaparecen deste último a nivel comarcal dos partidos estatais, principais responsabeis da situación crítica pola que está atravesar o sector, e nas que se facía fincapé nos mencionados pontos, ao seguínte:
1- Esixir a celebración dunha entrevista urxente co presidente da Sociedade Estatal de Participaciones Industriales (SEPI), conxuntamente cos representantes sociais, políticos e económicos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
2- Demandar do goberno do estado:
2.1.- A consignación necesaria dentro dos orzamentos xerais para 2012 para a construcción do dique flotante, a realizar por Navantia Ferrol-Fene.
2.2.- Desenvolver unha intensa actividade comercial que incida na promoción das capacidades e competitividade de Navantia e sinaladamente dos estaleiros da Ría de Ferrol, buscando a captación de contratos que xeren carga de traballo.
2.3.- O inicio inmediato de negociacións na UE para conseguir o levantamento do veto á construción naval civil nos estaleiros públicos da ría de Ferrol.
3.- Demandar do Goberno Galego:
3.1.- Que, en cumprimento da Proposición non de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento Galego o pasado 29 de Xaneiro, se presente o proxecto de Centro de Reparacións Navais na ría de Ferrol, comprometido polo Presidente da Xunta no coñecido como "contrato con Ferrol".
3.2.- Dar cumprimento efectivo da Lei 4/2010, de 23 de xuño, de fomento do sector naval de Galicia, nomeadamente do seu artigo 4; para o cal deberá presentar no Parlamento Galego unha proposta concreta.
4.- Demandar das organizacións políticas, nomeadamente das que detentan responsabilidades de goberno, o cumprimento estrito e inmediato das demandas da comarca a respecto do sector naval e, nomeadamente, os asumidos por unanimidade no Parlamento Galego