O BNG denuncia o peche da oficina bancaria da antiga Caixanova

Os efectos da líquidación do sector financieiro galego ideado por PP-PSOE, xa se fan notar en Pontedeume.

O BNG de Pontedeume denuncia o deterioro no servizo á cidadanía e as Pemes que vai supor o peche dunha das oficinas que NovaGalicia Banco tiña até hoxe, 6 de febreiro, na nosa Vila. Este peche vai acompañado de perda de postos de traballo netos e de atención ao público.  Os clientes da antiga Caixanova recibiron estes días unha comunicación, indicándolles o peche da oficina da Avda. Saavedra Meneses, nº 5 e o traslado de todos os servizos á rúa Real.Algo que nos parece carente de sentido, se nos atemos ao volume de negocio e clientela da que dispoñían ambas sucursais, con colas interminábeis todos os días do ano, saturación tamén debida a que o veciño Concello de Cabanas carece de sucursais bancarias e a súa poboación realiza os movementos financeiros en Pontedeume.
Para o BNG de Pontedeume, este tipo de medidas só poden obedecer a unha extratexia orquestrada polo poder central, PP-PSOE, que ten como obxetivo a desaparición do sistema financieiro galego mediante a absorción, por parte da antiga Caja Madrid do Sr Rato ou do Banco Santander do Sr Botín, a prezo de saldo. Co goberno do Sr Feijo asistindo como mero espectador e o Sr. Castellano como cómplice, este último facendo o traballo suxo de liquidación das caixas galegas, para finalmente malvender o noso aforro a intereses que nada teñen que ver cos da maioria social deste pobo.  Neste sentido, cómpre  lembrar que o goberno central do PP ven de aprobar unha nova reforma financeira no Consello de Ministros, reforma presentada polo Ministro de Economía, Luis de Guindos, coa que se lle quere dar a estocada final á nosa capacidade financiera, tan necesaria para a financiación de familias, empresas e mantemento da obra social, que ate o de agora viñan desenvolvendo no noso País as nosas caixas de aforros.
Dende o BNG de Pontedeume, instamos ao goberno municipal, a que solicite ao seu goberno “amigo” da Xunta de Galiza, a aprobar a moción presentada polo Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego, instandoa a que adquira o 51% do capital da entidade, hoxe en mans do FROB, con cartos públicos que tamén son dos galegos, para facerse coa maioría accionarial e poder crear un banco público galego, co obxetivo de dinamizar económica e socialmente ao noso país. No canto de seguir servindo a intereses foraneos e de oligopolios financieiros en mans dos mesmos especuladores que xeneraron esta grave crise.
Tamén quixeramos partillar cos eumeses unha reflexión, para que cada quen saque as súas propias conclusións, facendo un paralelismo coas formas tan pouco éticas de actuar que están a ter certos gobernantes nuns tempos tan difíciles como os que estamos a viver. Mentres o Sr Castellano, traballa para que o o centro de decisión do aforro galego pase a mans alleas, e aos seus empregados pídelles sacrificios salariais e laborais, hai pouco os xornais fixéronse eco dos seus  ingresos de perto dun millón de euros. Aquí en Pontedeume o Sr. Alcalde nada máis comezar a lexislatura, non tivo ningún rubor ao subirse o salario un 30% e ao seu concelleiro de obras un 40%, mentres somete a sacrificios fiscais aos cidadans eumeses mediante a suba de impostos como a recollida do lixo, o IBI e un longo etc…

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]