A NOSA POSTURA NO OUTORGAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS NO CONCELLO DE PONTEDEUME

 

 Achego esta información para que os eumeses saibades o que ocorreu no Pleno Extraordinario.
 Fago referencia ao pleno do 14 de decembro, no que se debatían en tres puntos independentes os expedientes de Honras e Distincións para:

 Ramiro Fonte Crespo: Biblioteca Municipal “Ramiro Fonte”.
Abelardo Miguel López Leira: Fillo Predilecto.
Antonio Leira Díaz: Escola de Música  “Maestro Leira”

   Para  cada un dos tres puntos e por separado o resultado foi de 5 votos a favor e 8 votos en contra dos 8 concelleir@s do PP, que no pleno de outubro votaran a favor.
     Tras unha breve intervención do noso portavoz municipal, Antonio Salvadores e do voceiro do grupo socialista, Bernardo Fernández, na que fixemos fincapé a merecida concesión destas distincións a tres veciños de Pontedeume pola importancia, relevancia e transcendencia da súa traxectoria profesional e obra, pola súa extraordinara contribución á cultura da nosa Vila, así coma pola súa inestimable contribución á literatura, á pintura e á música; tomou a palabra a concelleira de Cultura, Ascensión de Vicente para manifestar en nome do Goberno Local, o seu rexeitamento a estas propostas por non ter incluído entre os homenaxeados ao fundador da “Grande obra de Atocha”, Baltasar Pardal así coma polo feito de non ter compartido no seu día a postura do PP de darlle o seu nome a actual Rúa Vilarmaior.
     O BNG dixo que os protagonistas deste pleno non eramos os 13 concelleiros presentes, senón os tres persoeiros cos que se iniciaba uns expedientes de Honras e Distincións.
     A nosa impresión desta negativa vai no camiño do capricho infantil e da impotencia para asumir os cauces democráticos aos que todos os partidos nos corresponden.
     A pesar de estar conformes cos expedientes non lle gustaron as formas ao convocar un “extraordinario” pola oposición sen falar co grupo de goberno, como así insinuou a concelleira de cultura. O BNG entende que non había outro xeito de honrar a estes eumeses pola teima de incluir no “lote” a outro persoeiro que na xuntanza informal de portavoces non foi para adiante. Sácase en conclusión que non valoran o suficiente os méritos destes personaxes ou que os 8 concelleir@s non votaron en concienza.
     O resumo que todos debemos coñecer e que xustifica a negativa a aprobación ao que nos referimos está na frase do alcalde:
    
     “Trataremos o tema cando queiramos nós”
      Gabriel Torrente, alcalde de Pontedeume.

 Ramiro Fonte: Membro da Real Academia Galega
Director do Instituto “Cervantes” de Lisboa
Fillo Predilecto de Pontedeume
Medalla de Ouro de Pontedeume
Premio Losada Diéguez de Creación 1984
Premio da Crítica de Galicia 1985
Premio Pedrón de Ouro 1986
Premio da Crítica Española 1989
Premio Esquío 1991
Premio Miguel González Garcés 1997
Premio da Crítica de Galicia 2004
 
Abelardo Miguel:Estuda na Academia de Belas artes de san Fernando
                             Estuda na Escola Española de Arte de Roma
                             Completa formación en Francia e Holanda
                             Medalla de Ouro ao mérito artístico polo concello de Pontedeume
                             Mostras pictóricas en Galicia, España, , Portugal, Cuba
                             ... e lamentablemente un gran descoñecido na historia de Arte Galega
    
Maestro Leira: Director da Academia de Música Municipal
                         Autor do himno do Cruceiro Liberdade
                         Autor do himno do colexio Luís Vives
                         Forma o cuarteto folclórico “Os Nenos do Eume”
                         Director da banda do Fronte de Xuventudes
                         Crea a banda de Cornetas e Tambores da OJE
                         Director da Coral Polifónica Eumesa
                         Crea a banda de xubilados Unión das Rías Altas
                         É Fillo Predilecto de Pontedeume
                          ... e a maioría das súas actividades foron gratuítas.

     O BNG se reafirma en que todas as persoas temos luces e sombras, como os de hoxe, mais debemos valorar a implicación con Pontedeume e o espallamento do nome do noso concello por mor das súas actividades.
     Un saúdo,
       Antonio
   

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]