Novas

  

Nieves Suárez, responsable comarcal de muller, le o manifesto no acto do 8 de Marzo

O dia 8 de marzo é o día internacional da muller e o consello comarcal de mulleres do BNG de Bergantiños fixo un acto no que se liu un manifesto evidenciando que as reinvindicacións de igualdade entre xéneros segue a  ter pleno sentido. [+]


Un novo voceiro para informar aos veciños e veciñas de Ponteceso

O BNG de Ponteceso sacou a rúa un novo boletín na que se informa das ultimas iniciativas do BNG nos plenos e dos compromisos adquiridos polo goberno para acadalas. Novas recentes como a negativa do alcalde a rexeitar o decreto contra o galego no ensino e o silenzo do alcalde sobre o problema das fendas nos edificios de Ponteceso entre outras novas. [+]


O BNG pide en pleno a dimisión do alcalde como Presidente da Federación Eduardo Pondal por non defender o galego.

O señor Fondo evadiu o pronunciamento sobre as bases para o decreto do plurilingüísmo no ensino en Galiza, servindo como resposta que ao ser un borrador non opinaba e que esperaría a que fóra algo máis cun borrador, resposta que vindo do alcalde fáísenos moi indixesta, pero vindo do presidente da Fundación Eduardo Pondal fáísenos totalmente indixerible [+]


O Bloque de Ponteceso reclama ao alcalde que de explicacións aos veciños sobre a carta recibida sobre o tema das fendas nos edificios:

Para os veciños semella unha tomadura de pelo que despois dun informe feito polos mellores profesionais de Galicia lle digan que a culpa das fendas é do edificio no que viven porque teñen mal ¡as cañerias de recollida de augas pluviais! e que teñen que reparar a arqueta de recollida, sendo un edificio que leva aí máis de 30 anos e, oh! casualidade, nunca tivo gretas e é agora cando estas cañerías están a danar os edificios. E aínda lles obrigan a facer perforacións para ver se é ou non isto.  [+]


O BNG pregunta polo segundo médico en Corme. A resposta é clara, Corme queda sen segundo médico.

(Podes escoitar esta intervención na sección multimedia desta web). O alcalde, na sesión plenaria declara que as xestións que fixo para obter un segundo médico en Corme foron polo pediatra, e non polo segundo medico de atención familiar para Corme, do que agora nin se acorda nin ten interese.  Corme quedará sen segundo médico. [+]


O BNG demanda do goberno unha homenaxe e recordo perenne ás vitimas do mar.

No pleno de xaneiro o goberno comprometeuse, despois dunha demanda do grupo municipal do BNG a dar os pasos para materializar o que será unha ofrenda imperecedera, en Corme,  aos naufragos e vitimas do mar. Na sección de multimedia podes oir a intervención de Suso Lista no pleno demandando esta homenaxe. [+]