Novas
O BNG de Ponteceso reborda de xente a Casa dos Veciños do Couto na presentación da candidatura
Un cento de persoas respaldaron a Manuel Varela e o seu equipo na aposta por cambiar o rumbo de Ponteceso [+]
Manuel Varela encabeza unha candidatura preparada para gobernar Ponteceso
Xuventude e experiencia son as claves do equipo que vén de presentar o BNG para as eleccións municipais do próximo 22 de maio [+]
O BNG demanda en Ponteceso a fin da opacidade na xestión do Plan Xeral
Manuel Varela, portavoz do BNG, lamenta a exclusión da oposición e pon como exemplo de boa xestión a Carballo [+]
A labor deste goberno vai para récord de opacidade.
O BNG presentou numerosas iniciativas demandando o acceso aos plenos, que se celebran ás nove da maña, por imposicion do alcalde dende o comezo da lexislatura: cambio de hora de celebración, retransmisión por radio, grabación dos plenos para penduralos en internet. Agora o grupo municipal do BNG grava en soporte sonoro as intervencións pero non sin atrancos... [+]
O alcalde paga as reparacións de obras con cartos para a luz.
O que está a facer co presuposto provoca que sexa moi complicado facer ningunha previsión por falta de confianza de que os cartos que se ían adicar ao pago dalgún ben ou servizo teñan que adicarse, pola improvisación na xestión deste goberno, a outro moi diferente. O BNG nin participa nin aproba esa mala previsión que continuamente está a xerar incertidume económica nas contas do concello.
Estamos a favor da reparación do muro do campo de fútbol do Cairo, pero non desta forma, facéndoo con cartos cos que hai que pagar servizos públicos imprescindibles para todos os veciños e veciñas de Ponteceso [+]
Rexeitamento do decretazo contra o galego no ensino
A aprobación o sábado para atenuar a resposta social tal como fixeran co borrador que sacaron nas vacacións de Nadal, do anteproxecto do decreto contra o galego no ensino, está a xerar o comezo dunha mobilización social. [+]