A nosa Nieves na Quin-tv por máis avances en Igualdade
Este último domingo de xaneiro, pola mañanciña e co caloriño do sol, que xa tiñamos esquecido, celebrouse en Santiago un acto de Igualdade ao que acudiron algúns miles de mulleres do noso país e que contou coa intervención de Ana Pontón, Teresa Táboas e Anxo Quintana. Canto cambiaron as cousas nesta Consellería dende que o BNG goberna! , e canto van seguir cambiando co apoio de todos e todas os que cremos que non hai ninguén por riba de ninguén. Despois do acto atraparon á nosa concelleira e veciña Nieves e nos deixou uns pareceres que quedan aquí entre outros comentarias doutras asistentes ao acto de Santiago. Porque queremos máis avances en igualdade, ánimo e adiante.