O BNG pide en pleno a dimisión do alcalde como Presidente da Federación Eduardo Pondal por non defender o galego.

Nieves Suárez e Manuel Varela, concelleiros do BNG, na Sede da Fundación Eduardo Pondal

Ao non rexeitar o borrador do decreto que a Consellería de Educación quere implantar no ensino en Galiza.

O BNG xunto co grupo socialista, presentou en pleno unha moción na que se pedía ao Don Jose Luis Fondo como Alcalde de Ponteceso e como presidente da Fundación Eduardo Pondal  que emitira un pronunciamento público de rexeitamento ao borrador de bases para decreto do plurilingüísmo no ensino en Galiza. Cabería esperar que o posicionamento do Presidente dunha Fundación que co seu traballo está a levar ao máis alto a cultura galega, e por ende, a súa língua , fora semellante ao do entidades vencelladas coa cultura e a lingua como ao da Real Academia Galega ou ao do Consello de Cultura de Galicia e  aproveitara a ocasión para, como estas,  rexeitar estas bases de xeito contundente e claro
Pero o señor Fondo evadiu o pronunciamento servindo como resposta que ao ser un borrador non opinaba e que esperaría a que fóra algo máis cun borrador,   resposta que vindo do alcalde fáísenos moi indixesta, pero vindo do presidente da Fundación Eduardo Pondal fáísenos totalmente indixerible
Esta falsa posición de espera  non é máis que un silencio cómplice coa estratexia do Partido Popular  apoiando a colectivos que buscan a minorización do uso do galego na sociedade e o desprestixamento da nosa fala, sendo aínda máis grave, neste momento, no que se pide un apoio contundente á nosa lingua. Pero este alcalde é o primeiro en subirse á tarima da Fundación para ter publicidade gratuíta pero inofensiva,  mais cando se lle pide un posicionamento ante temas obvios, como é a defensa da lingua, a mesma tarima sérvelle para agocharse debaixo dela e esperar que escanpen as críticas. Sentimos vergoña, como tantos outros veciños e veciñas fartos, das tantas respostas deste señor que non respostan nada.
Por iso pedimos a súa dimisión para que outro sexa quen represente a unha Fundación que debe ser un faro luminoso da nosa cultura e onde non se agochen outras pretensións que traballar polo noso país e a súa cultura.  Señor Fondo, aí non encaixa, e o sabe. Dimita.  

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]