O Bloque de Ponteceso reclama ao alcalde que de explicacións aos veciños sobre a carta recibida sobre o tema das fendas nos edificios:

a carta da a entender que os gastos corren a cargo dos particulares afectados, cousa que sería ben que explicara claramente o alcalde

inicialmente este informe é un estudio das CAUSAS que provocan estes danos e disto non reciben ningunha información estes veciños.

É coñecido o problema de grietas nos edificios de Ponteceso, problema que levou a que se convocara un pleno extraordinario pedido pola oposición,  para tratar sobre o tema e buscar solucións. Entre outras peticións levouse (e foi a única que se aprobou) a de facer un informe técnico por profesionais (según o alcalde cando os contratou dixo nun pleno que eran os mellores de Galicia) e que buscaran cales eran as causas dos movementos nos edificios que ocasionaban as grietas. A realización deste informe foi aprobada pola corporación para ben dos veciños o que parecía que tranquilizaba, algo, aos numerosos afectados que asistiron como público. Este informe foi contratado polo goberno municipal e lle costa ao concello máis de 40.000 euros de diñeiro público, que pagamos todos.

Pero hai uns días algúns dos afectados víronse sorprendidos por unha carta municipal que recibiron na súa casa. Dicía que según o enxeñeiro de canles e portos, o señor Sergio F. Bastianelli, chegou a conclusión que o problema é o seguinte: ‘ao obxecto de coñecer e indagar as causas que provocan o asentamento da beirarrúa, segundo o informe que achego, poderían obedecer a un lavado do subsolo debido as baixantes de augas pluviais do edificio que está na mesma beirarrúa, estimo necesario unhas exploracións na zona afectada da beirarrúa para poder comprobar a posibilidade de escapes ou perdas de arqueta da recollida de augas pluviais do citado inmoble, delimitar a zona con valados de protección…; despois de outras consideracións di o señor bastianelli que ‘…por todo o exposto aconsellan realizarse de inmediato calicatas e proceder no seu caso a súa reparación’.

Calicatas significa pagar vinte ou trinta mil euros á túa conta, e a carta da a entender que os gastos corren a cargo dos particulares afectados, cousa que sería ben que explicara claramente o alcalde.

Para os veciños semella unha tomadura de pelo que despois dun informe feito polos mellores profesionais de Galicia lle digan que a culpa das fendas é do edificio no que viven porque teñen mal ¡as cañerias de recollida de auga pluviais! e que teñen que reparar a arqueta de recollida, sendo un edificio que leva aí máis de 30 anos e, oh casualidade, nunca tivo grietas e é agora cando estas cañerías están a danar os edificios. E aínda lles obrigan a facer perforacións para ver se é ou non isto.

Tamén según a carta se indica a certos baixos comerciais que teñen que ‘proceder a arriostrar ou apear exteriormente as fachadas posteriores’, sendo inicialmente este informe un estudio das CAUSAS que provocan estes danos e disto non reciben ningunha información estes veciños. 

Como no pleno tamén se pedía constituír unha comisión de seguimento que o alcalde e o seu goberno non viron necesario facer, pois enténdese agora que é o alcalde quen ten a obriga de dar explicacións de todo isto aos veciños.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]