O BNG pregunta polo segundo médico en Corme. A resposta é clara, Corme queda sen segundo médico.

A entrada do PP na Xunta, e na Consellería de Sanidade, o único que provocou foi que ao alcalde non lle interese nada o tema do segundo médico para Corme, e que definitivamente Corme se quede sen segundo médicoO BNG pregunta ao alcalde que, despois de facer  innumerables críticas ao anterior goberno da Xunta por diminuír o número de médicos que atendían en Corme, e sendo agora  a conselleira de Sanidade do Partido Popular, cales foron as xestións que fixo o actual goberno do concello,  e que resolucións conseguiron, para acadar un segundo médico en Corme.

Na resposta o alcalde confundíu este segundo médico (que non tiña confundido cando criticaba ao anterior goberno) co pediatra que di que conseguíu el nada máis entrar no goberno da Xunta o Partido Popular.Suso Lista tivo que devolverlle a memoria ao señor alcalde e recordarlle que o pediatra estaba de baixa e que cando a rematou, volveu ao seu posto de  traballo.

Como é costume houbo que insistir varias veces na pregunta para que fora contestada, e como é costume, o alcalde non a contestou e tirou da súas interpretacións falsas, desacertadas e  sempre interesadas  que, como sempre, tranzan unha imaxe ficticia e papanata de que todo o que sae da súa man é perfecto e todo o que fai a oposición é erróneo.

Visto a súa actitude semella que o que provocou a entrada do partido popular na Xunta foi que desaperecera completamente o interese do alcalde por resolver este problema para os veciños, e que definitivamente Corme se quede sen o segundo médico. 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]