O BNG demanda do goberno unha homenaxe e recordo perenne ás vitimas do mar.

O BNG demanda que o goberno do concello colabore coa confraría, asociacións, familias e partidos políticos. Suso Lista, concelleiro do BNG no concello, no turno de pregos do pleno de xaneiro tomou a palabra para pedir ao alcalde que de os pasos para deixar unha homenaxe perenne, recordo e memoria merecida aos mortos no mar do concello, en colaboración coas asociacións e as entidades vencelladas a este tema.
Expuso que é unha necesidade histórica e de xustiza ter un recordo e homenaxe perenne da poboación aos que, foron familia ou amizade e, deixaron a súa vida na adicación ao traballo no mar.

Demanda que o concello se poña ao frente e fale con asociacións de veciños, confraria de pescadores e familias e en colaboración con todos os grupos políticos do concello,  e que dé os pasos para materializar esta ofrenda; e recordoulle ao alcalde como moitas das obras que se fixeron en Corme foron pola vontade dos veciños e particulares, máis que pola iniciativa do goberno do concello,  e que nesta ocasión non teña que ser así.

O alcalde recolleu o prego e comprometeu a comezar con isto despois de Semana Santa, con posterioridade á homenaxe que se lle vai render en Corme ao almirante Mourelle.

Esperemos que esto sexa un compromiso real do alcalde e que en Corme haxa un recordo á altura dos homenaxeados. O Bloque do concello colaborará para que iso sexa unha realidade.



 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]