O ALCALDE EN PLENO DESATINO
Xa comezaramos con mal pé o longo camiño da lexislatura. Por decisión unilateral dos concelleiros do PP os plenos ían ser ás nove da maña do luns. Unha data que calquera pode recoñecer como a máis apropiada para que non vaia ninguén como público. E así estivemos ate agora, todos os luns da última semana dos meses impares, as nove da mañá, pleno ordinario, por lei, que vendo como están as cousas, se poideran, nin os facían, pero éche o que ten a democracia, que da certos dereitos ainda que se intente, por parte dalgúns, recortalos.
A postura do alcalde ante as preguntas da oposición reflicte o pouco respecto que ten o alcalde polos organos que a democracia nos dotou para o debate público.O grupo municipal do BNG entrega puntualmente para o seu debate todas as preguntas, pregos e mocións que no período que hai entre dous plenos consecutivos, dous meses, podían ter necesidade dalgunha explicación por parte do equipo de goberno (para iso somos a oposición).
Entregamos as preguntas os venres anteriores ao pleno. Di a lei que se as preguntas se entregan con 48 horas de antelación ao pleno, o alcalde ten que constestalas (ainda dandolle a marxe de que algunhas teñan certas dificultades e as deixe para o seguinte pleno). Pois o grupo municipal do BNG as entrega por escrito, como mínimo, tres días antes (72 horas). Visto o gran número de cuestións, segundo eles, que se presentaban, o alcalde xa moi molesto por ter que respondelas a todas, advertiunos repetidamente que se vía forzado a ter que elaborar un ordenamento municipal para limitar o número delas e o tempo das intervencións. A finais do ano pasado o regulamento foi aprobado polos 7 votos do grupo popular e os 6 en contra da oposición; nunca se nos chamou para participar na súa elaboración e o obxectivo deste regulamento era unicamente limitar a labor da oposición. (para maior ridículo se nos entregou o documento en castelá e nos imaxinamos que o colleron de internet ou llo pasaron de calquera dos concellos gobernados polo seus compañeiros de partido; nos esiximos que polo menos se presentara en galego, pero nin caso).
Non sería improbable pensar que non vai ser o último dos esperpentos que protagonice o noso alcalde nos plenos, porque a dirección con que os leva chega a ser totalmente interesada e antidemocrática.No regulamento se limitan a tres as preguntas, os rogos e as mocións e son tres de cada, as que presentamos en cada pleno.
Pero semella que ainda non teñen dabondo e cando lles peta e sen dar máis explicacións (á prensa semella que llas dan) levanta o pleno.
Neste último na primeira pregunta quitaronlle a palabra a nosa concelleira e ante a replica de que non acabara de preguntar o alcalde dixo que xa esgotara o tempo (que cronometra el mentalmente) ao que a nosa concelleira contestou que o seu tempo llo ocupara a intervención do concelleiro de obras e servizos que a interrumpira para contestarlle, e que non poidera rematar a súa intervención. A partir deste momento foi todo un esperpento. Ameazas de chamar a policia local e inmediatamente despois dar por finalizado o pleno, roubando os dereitos que temos os concelleiros, mediante preguntas, de controlar a acción executiva do goberno municipal.
Con isto denunciamos públicamente que os plenos de Ponteceso teñen xa deficits democráticos moi graves, porque os concelleiros no soamente temos uns dereitos, se non que representamos a veciños e veciñas do concello aos que tamén se lles quitan eses dereitos. Tristemente penso que non vai ser o último dos esperpentos que protagonice o noso alcalde nos plenos, porque a dirección con que os leva chega a ser totalmente interesada e antidemocrática.