Eu son Anxo Quintana

Sigue o partido popular coa súa estratéxia de destrucción. Agora pide que o portavoz do BNG nacional deixe o cargo e asuma responsabilidades por uns malos resultados electorais. Cando se van enterar que as políticas do BNG non son coma as do PP que priorizan calquera cousa polos resultados electorais. O PP sabe que o responsable de dirixir a política de cambios que se estaba a dar en Galiza é Anxo Quintana e sabe do seu valor e de que conseguíu movilizar compromisos con esta política alí onde non os había, incluso en sectores sociais que se supoñían eran exclusivos do PP.

O lider do BNG conseguíu movilizar compromisos co país incluso en sectores sociais e económicos que se supoñían eran exclusivos doutras forzas políticasA continuación do lider do BNG asegura un traballo para seguir acadando máis apoios para a política transformadora que o BNG puxo en marcha estes tres últimos anos. Esta lexislatura que comeza é unha pequena paréntesis no camiño de progreso que debe seguir este país para conseguir as cotas de benestar e calidade de vida que merece, e ás que só o BNG demostrou que o sabe levar.

Sabemos que é un medio de comunicación o que encabeza esta 'caza de bruxas'; e como lle imos dar creto a un medio de comunicación que nos quere tan 'ben', que nos tratou dunha maneira tan especial na campaña e que está agora tan preocupado polo destino do BNG. ¿A onde nos quere levar?.

Sabe o PP e os seus socios mediáticos que descabezar agora o BNG é unha dobre victoria, é debilitalo para o futuro, enrredalo nun periodo de consolidadión de líderes, en vez de seguir cunha política que acertou en practicamente todos os sectores económicos e sociais nas que actuou e que deixou un exemplo de alternativas e proxectos que mirados con perspectiva temporal se valorarán xustamente. E conseguirían tamén eliminar do primeiro plano a un político que sabe extraer das galegas e galegos o compromiso suficiente para con este país e o seu futuro. Por iso, para seguir apoiando ese camiño transformador e de avance que comezamos hai 3 anos e medio, eu sigo sendo Anxo Quintana. Agora máis que antes.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]