Xornada de reflexión

soños que falan da maneira na que as mulleres e os homes teñan a oportunidade de elexir como ser e como estarÉ bastante habitual nos actores políticos ou socias soñar,  incluso é recomendable.  E soñan, penso, estando sos, espertos. Reflexionan.

Hoxe, día chamado de reflexión,  é un día para ter soños. O meu parecese a este: Que o día para soñar antes do día das eleccións, as persoas busquen nos soños dos políticos cales se parecen máis os seus.

Que teñan para elexir soños nos que cabemos  todos e todas nós, sen exclusións, que falan da maneira de facer unha sociedade na que as persoas desenvolvan a humanidade que levan dentro, no respeto as súas manifestacións como comunidade, á súa cultura, na maneira de valorar a súa identidade que é o valor que fai que os individuos e as sociedades se estimen e avancen, na maneira en como todos e todas disfrutemos do lugar no que vivimos, sen agredilo, na maneira na que as mulleres e os homes elixan como ser e como estar.

Por iso, mañán seguirei sendo, neste país, do BNGVivimos nun país que se chama Galiza, ou Galicia. Hai soños políticos para este país que máis me parecen pesadelos de ególatras.

Pero hai outros máis cercanos.

Por iso mañán seguirei sendo, nesta país, do BNG.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]