O BNG de Ponteceso reparte un novo boletín polas parroquias do concello

Incidimos nas políticas transformadoras que se puxeron en marcha e que asentaremos na próxima lexislaturaO boletín completase con outras tres entrevitas, con Ana Pontón, candidata número 2 pola Coruña, con Xoan Sande, deputado responsable das políticas de benestar na Deputación, e con Xosé Regueira, candidato por Bergantiños do BNG para estas eleccións, e finalmente unha crónica das charlas do delegado de Industria, Luís Barcia sobre as políticas transformadoras desta consellería nestes últimos tres anos e de Ana Rua, directora xeral de comercio, sobre a importancia das iniciativas que sobre o comercio galego se puxeron en marcha. Así, con este pequeno boletín á xente chegarán as propostas máis importantes para a transformación de Galiza. Esperemos sexa unha ferramenta de boa información e de contraste.

Para descargar o boletín preme no vínculo deste artigo en arquivos para descargar

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • boletin do BNG de Ponteceso