Máis autogoberno é máis benestar. Francisco Jorquera en Corme expón a necesidade dun estatuto de nación.
O BNG é a única forza política que está a explicar a cidadanía de Galiza as medidas que poñerá en funcionamento para superar a crise dende o goberno da Xunta.
Un novo estatuto de nación para ter máis competencias sobre os recursos enerxéticos e apoiar con liquidez os proxectos empresarias de GalizaUn dos eixes básicos, para Francisco Jorquera que o domingo 22 de Febreiro estivo en Corme, para afrontar con garantías a crise económica actual é un maior autogoberno, que viría da man dun novo estatuto de nación para Galiza proveendoa de máis competencias para a xestión das súas capacidades económicas. Máis competencias para xestionar os seus recursos materiais e enerxéticos, poñendo como exemplo a resolución do recente concurso eólico que dará poder económico a administración galega para levar a cabo máis políticas centradas no país, ampliando co novo estatuto ás competencias a todos os recursos enerxéticos para ter máis solvencia e apoiar con maior liquidez económica as capacidades do noso país, seguindo o modelo do reparto eólico. Actuar cun novo estatuto sobre o financiamento autonómico, obrigando por lei a que do estado cheguen recursos económicos según as necesidades propias do país e non estar ao pairo de obter unha combinatoria favorable de deputados no congreso de Madrid para poder negociar eses recursos. Novas competencias, cun novo estatuto, para poder construir barcos nos mellores astilleros do estado que están paralizados en Ferrolterra.
Para Francisco Jorquera a nova lexislatura é a do novo estatuto e a que dará maiores posibilidades a o noso país, por iso e moi importante o que nos xogamos nestas eleccións e anima aos galegos e as galegas, persoalmente onte en Corme, a que voten ao BNG para obter maiores capacidades políticas e polo tanto maior benestar e calidade de vida.