Ana Rúa, directora xeral de comercio, da unha charla en Ponteceso, as 21:15 horas do xoves 5, na Taberna O Foxo.

Vivimos tempos de crise que están a sufrir todos os sectores económicos. As medidas que se poden tomar contra esta crise dependen do análise que se faga da situación e na man dos entes de decisión estará o dar prioridade a uns ou a outros sectores.

As axudas para o comercio, ademais de apoiar a economía da empresa deben basearse no afortalamento dos dereitos laborais que se foron acadando durante estes anos.O sector das pequenas empresas ,que soporta en gran medida a economía do país e é o que está a soportar os efectos da crise con máis estoicismo, debe ser un sector prioritario á hora de tomar medidas para paliar a crise e que este sector visualice que ten o apoio dos poderes públicos. Para o comercio, especialmente o pequeno comerciante que está a ter moitas dificultades e algúns se atopan xa en situación de supervivencia empresarial, estas axudas son urxentes, e ademais de apoiar a economía da empresa deben basearse no afortalamento dos dereitos laborais que se foron acadando durante estes anos.

Na charla, a vez de facer unha escolma dos logros acadados polas áreas nas que tiñan responsabilidades de goberno o BNG, tamén transmitimos a nosa perspectiva e proxectos nesta área económica.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]