A Base Naútica de Corme, destrozada pola desidia do Governo Municipal do PP.
o grupo municipal do BNG pedía nun prego o cambio de ubicación, agora xa é tardePor segunda vez e a causa da nefasta ubicación que lle atopou o Concelleiro de Deportes á base nautica, ben por descoñecemento absoluto de Corme (él é de Corme), ben por interese de levala a outro sitio (Valarés), e despois de ser avisado e ser solicitado en varios plenos polos concelleiros do BNG este cambio de ubicación, un dos dous contedores que forman a Base Naútica está de novo destrozado polos contínuos golpes de mar que caen encima del cando o mar está algo picado, tal e como aconteceu este fin de semana pasado.
No Pleno do luns, e xa entregado un prego dende o xoves 22 nas dependencias Municipais no que lle solicitabamos, unha vez mais, o cambio de ubicación sin sacalo de Corme, e avisados verbalmente para que os operarios municipais o movesen (bastaria uns poucos metros a un ou outro lado), deu o Sr Alcalde desculpas de mal pagador, como que a Base necesitaba sumidoiros e auga, e que alí onde estaba habíaas. Pero non explicaba para que necesita auga e sumidoiros unha Base Nautica que nunca funcionou porque o Concello non quixo que funcionase (foi adxudicada ao Concello por petición da Confraría de Pescadores de Corme á Diputación Provincial).
¿e agora como van explicar que os culpables son os outros?, seguramente nos sorprendanEn Corme están acostumados a que as inversións se fagan a petición de entidades privadas, xa que o Goberno Municipal do PP, nen pide nen negocia nada do que pensen que os rivais políticos podan beneficiarse, aínda que os veciños melloren en calidade de vida e servizos, e despois achaca esas faltas de inversión á oposición.
E agora qué, como van explicar que os culpables son os outros. Seguramente nos sorprendan.