O BNG presenta dúas mocións no pleno deste luns 26 para avanzar nos dereitos das persoas con diversidade funcional
Asociacións como Integro pelexan día a día para a visualización do que, ás veces, para nós é invisibleNa democracia as persoas son as que deben ter participación construtiva para acadar maiores dereitos, máis calidade de vida e benestar; porque son as que, día a día, disfrutan ou padecen os acontecementos que desencadean as súas circunstancias persoais e socias. Por iso son as mellores xuices das súas propias situacións. As persoas con diversidade funcional, nun concello coma o noso, o de Ponteceso, atópanse continuamente con barreiras que lles impiden un normal desenvolvemento das súas tarefas cotiás, non só barreiras físicas, barreiras arquitectónicas, como escaleiras, rampas imposibles, portas estreitas, senon tamén barreiras tecnolóxicas como o acceso a unha información adaptada en internet, a operar con ferramentas tecnolóxicas axeitadas as súas posibilidades... Poñemos, nesta sociedade, moitas veces sen pensalo, unha infinidade de atrancos para moitas persoas. É deber de todos e todas, e especialmente dos que teñen responsabilidades e autoridade pública, eliminar todos eses muros infranqueables para unha vida normalizada de todos e todas nós. Asociacións como Integro pelexan día a día para a visualización do que, ás veces, para nos é invisible, a limitación por parte de elementos físicos, tecnolóxicos e sociais que impiden un desenvolvemento normal de todas as actividades para as persoas con diversidade funcional.
É tempo xa de responsabilizarse con todos e todas e comezar a traballar por un mundo e un concello máis accesible.
o grupo municipal do BNG en Ponteceso porá voz ás persoas con diversidade funcional para reclamar medidas para que Ponteceso sexa un concello con accesibilidade universal.Esta asociación elaborou un plan de accesibilidade universal ao que o goberno de Ponteceso debe adherirse e comezar a desenvolvelo inmediatamente para ir acadando, pouco a pouco, éxitos nesta loita pola igualdade das persoas.
Este luns, o grupo municipal do BNG en Ponteceso porá voz ás persoas con diversidade funcional de Ponteceso, da comarca e do mundo para reclamar medidas para que Ponteceso sexa un concello con accesibilidade universal.