Eu tamén son Anxo Quintana.
En Santiago calouse o ambiente con que o nacionalismo se enfronta ás proximas eleccións nacionais, e a forza e a ilusión dos presentes fai pensar que os resultados do un de marzo non teñen teito para nós.
Coa a forza e a ilusión dos presentes na convención do 17 de Xaneiro, podemos pensar que os resultados do un de marzo non teñen teito para nós.O cambio que se deu nas políticas da Xunta de Galiza cara a conseguir avances económicos e sociais para o noso país foi protagonizado polos compañeiros e compañeiras do BNG, fronte ás políticas continuistas do PSdeG e na oposición as pataletas interesadas do Partido Popular ao ver que se perdían as prevendas aos inertes poderes fácticos que manipulaban a riqueza do noso país e que agora entran, como un máis, no xogo democrático e non teñen maior ventaxa a priori que as súas propostas ante a sociedada galega.
Somos galegos e galegas que queremos un cambio transformador para este país do que sabemos que será protagonista do seu futuro se é pilotado por aqueles que cren nel , por aqueles que non o teñen amarrado a intereses de fóra, que non o venden ou o tratan como moeda de cambio, e que saben que neste país cabemos todos e todas.
Adiante e contade con todos e todas os que dende Ponteceso cremos no noso país. Tamén aquí somos Anxo Quintana.Por iso compre que dende o 1 de marzo os mellores navegantes nos leven cara os nosos propios horizontes. Creo profundamente que só o BNG é a nave onde se dan as premisas para atopar ises navegantes; outras naves apuntan cara outros lugares, ala eles.
Por iso dende a nave do BNG, como xa o viñeron facendo bos e xenerosos galegos e galegas, non temos medo senón unha inquebrantable esperanza ante ese mar que se nos amosa diante.
Adiante e contade con todos e todas os que dende Ponteceso cremos no noso país. Tamén aquí somos Anxo Quintana.