Iria Aboi anima aos mozos e mozas, no acto de celebración do XX aniversario de Galiza Nova, a traballar para conseguir os mellores resultados para Galiza.

A xuventude respondeu activamente a situacións de inxustiza, Galiza Nova foi a súa plataforma política.No acto interviron novos e antigos militantes da formación, Rafa Castro, Benedicto Viña e Vitor Recarei, lembrando que foi o que  determinou que deran o paso a participar nunha organización que busca crear alternativas sociais e políticas para acadar un mundo máis xusto e máis humano. Acontecementos como os que sucederon en 2002 e 2003 en torno á catastrofe do prestige e da guerra ilegal do iraque, que movilizaron persoas e conciencias, desencadearon na xuventude respostas activas e a preocupacións por traballar activamente para conseguir facer un mundo máis xusto.

A loita antimilitarista, a preocupación polo medio ambiente, por conseguir unha situación real de igualdade entre todos e todas,  a solidariedade coa situación de pobos sometidos e vetados polas grandes potencias, as inxustizas do sistema de mercado, unha educación libre e igual para todos e todas, son liñas directrices no traballo que a formación xuvenil veu desenvolvendo durante estes vinte anos.

Galiza Nova foi a primeira formación que lle deu a posibilidade á xuventude de Galiza de existir e participar politicamenteO responsable comarcal de Bergantiños, Xosé Regueira, apelou a ilusión que atesoura a xuventude como motor para loitar por un mundo máis solidario, e animou a traballar a xente nova por ises obxectivos.

Galiza Nova foi a primeira formación que lle deu a posibilidade á xuventude de Galiza de existir e participar politicamente, e dende hai vinte anos así o ven facendo, implicada nos problemas que atinxen aos mozos e mozas de Galiza e do mundo. Así nolo recordou a intervención da Secretaria Xeral, Iria Aboi, este sábado, 10 de xaneiro. Tamén aproveitou as circunstancias para animar a traballar estes días vindeiros por conseguir os mellores resultados posibles para o nacionalismo galego, e consecuentemente, para Galiza.

Todo este traballo está explicado en nove paneis temáticos de gran formato que tedes na exposición, sobre estes vinte anos de Galiza Nova, no local da asociación Balbordo. O horario para vela é de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00, durante toda esta semana.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]