O programa concellos dixitais da Consellería de Industria impulsor da renovación informática da aula de Corme

A consellería de Innovación e Industría a través do plan Concellos dixitais ven de subvencionar, con 20.000 euros, a renovación, con oito equipos informáticos é unha impresora láser, da aula de formación en novas tecnoloxías de Corme. Ista nova ven recollida na páxina web do concello aínda que non nomean á consellería responsable do programa que está a permitir que os concellos de toda Galiza se renoven en novas tecnoloxías convocando programas que preténden fomentar a dispoñibilidade e uso dos servizos municipais dirixidos aos cidadáns e as empresas e impulsar a implantación ou desenvolvemento de aplicacións e servizos de administración electrónica.
Neste programa, a Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información destinará un crédito máximo de 100.000 euros para o ano 2008 e de 1.000.000 euros para o ano 2009. Completarase o financiamento coa aportación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que transferirá á Comunidade Autónoma o importe de 1.270.245,00 € para o ano 2008.
Felicitamonos desta adquisición para o noso concello. A política de país que desenvolven as consellerías nas que ten responsabilidades o Bloque Nacionalista Galego permite que todos os concellos de Galiza se beneficien dos programas que pretenden crear redes de servizos e infraestruturas que den cobertura a todos os cidadáns do país, sen excepcións.
Este é un exemplo máis que nace da idea de facer pais que dirixe á política do BNG.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]