Ponteceso celebra vinte anos de Galiza Nova

Galiza Nova está de aniversario e queremos celebralo en Ponteceso e en todo o país.  Xa é longo o camiño andado e para lembrarmos das vellas e recentes historias de loita polo recoñecemento nacional de Galiza que os mozos e mozas de Galiza Nova protagonizaron, proxectamos no local da asociación un video na que se fai unha escolma destas durante estes vinte anos de existencia da organización.

No local da asociación haberá unha exposición sobre o camiño percorrido pola organización xuvenil durante estes 20 anosTamén neste sentido hai unha exposición que estará nestes días no local da asociación Balbordo.

No acto presentado por Rafa Castro, o noso responsable local en Ponteceso se dará pe a que os antigos responsables de Galiza Nova en Bergantiños, Benedicto Viña e Primitivo Reguera falen do seu paso pola organización e que Victor Recarey, o actual responsable, nos comente como é o presente e que plans hai para a organización na nosa comarca. Logo toma a palabra Xosé Regueira, responsable comarcal do BNG en Bergantiños, e remata Iria Aboi a secretaria xeral de Galiza Nova. Esperamos a visita de todos e todas os que traballan dentro da organización e todo aquel e aquela que queira vir está invitado/a a achegarse e a compartir con nos está pequena festa de celebración.

Felicitacións a Galiza Nova, dende Ponteceso, por vinte anos de traballo a prol dun pais cada día máis nosoVemonos o sábado a partir das nove da noite no local da asociación Balbordo, en Ponteceso.

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]