Orzamentos municipais sen proxectos.
Nos orzamentos municipais aparecen as cantidades que as diferentes administracións van invertir no noso concello. Claro que, para que existan esas cantidades, hai que traballalas nas outras administracións. Hai que presentar proxectos de obras e de servizos na deputación, na xunta, ou no estado central, e conseguir que istes participen no financiamento dos mesmos. Si isto se consigue, nos orzamentos aparecen reflectidas as cantidades coas que participan estas administracións.
¿será polo nulo movemento dos gobernantes municipais ante os conselleiros e delegados?.Nos orzamentos para o ano 2009 a cantidade que ven recollida como participación da xunta en investimentos para Ponteceso, é de 0,00 euros. ¿Será culpa da xunta que considera que este concello non merece ter ningunha obra importante?, ou ¿será polo nulo movemento dos gobernantes municipais ante os conselleiros e delegados?.
A presentación de proxectos deste concello é a mesma que a cantidade que as administracións invirten neles, 0,00 , e o traballo que se fai para conseguilos ou idealos é tamén igual a 0,00 , polo tanto o salario dos nosos concelleiros, en xustiza, tiña que ser o mesmo: 0,00. Pero non o é.
presentan uns orzamentos feitos coa mesma plantilla de anos anteriores, e que segue a amosar a nulidade do goberno municipal para pensar en futuro.Así que é o propio PP o responsable da marxinación do noso concello en canto a investimentos cofinanciados por outras institucións debido á inexistente labor do equipo de goberno do concello. Outra razón máis para non apoiar uns orzamentos feitos coa mesma plantilla de anos anteriores, e que segue a amosar a nulidade do goberno municipal para pensar en futuro.