Todos en crise menos os concelleiros do PP (para iso están os orzamentos)

Xa nunha moción presentada polo grupo do Partido Popular de Ponteceso (PPP) se aprobaba (por eles mesmos e cos votos en contra do BNG e do PSOE), tomando como excusa a crise económica, a conservación ,segundo eles conxelación, dos salarios ,segundo eles adicacións, dos membros do equipo de goberno (do PPP).

Estamos en contra de que os cargos publicos que custan cartos aos veciños e veciñas non xustifiquen de ningunha maneira eses custosHoxe imos analizar os beneficios das adicacións parciais.

Non podemos apoiar uns orzamentos que cambian cartos publicos por lealdade cega ao señor alcaldeTodos os concelleiros do grupo popular, sete,  teñen algúnha responsabilidade de goberno, polo que teñen o 'dereito' de levar un soldo polo traballo que lle adican ao concello. Algúns como non poden estar traballando en exclusividade, pois cobran por 'adicación' parcial. Son catro os que se levan máis de 600 euros ao mes do concello. Esta adicación consiste en ir aos plenos e votar as propostas do goberno, e aí remata todo. Son máis de 2500 euros cada mes o que custe este 'sacrificado' traballo.

No pleno dos orzamentos o grupo do BNG de Ponteceso reclamou a xustificación destes soldos para o novo ano. Non aparece por lado nengunho. Estando en contra de que un cargo público que lle custa diñeiro aos veciños e veciñas non xustifique estes custos, non podíamos apoiar uns orzamentos que cambian cartos publicos por lealdade cega ao señor alcalde.

Pero ainda hai máis.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]