Comentarios aos orzamentos do PP

O concello segue a dar as axudas ás asociacións por simpatía ou antipatía. Non existen na actualidade, nen hai a previsión de facelo, unhas bases que enumeren unha serie de criterios para conceder tales axudas, como existe en calquera concello que queira regular esta distribución de cartos da forma máis razoable e democrática posible.

Isto que semella unha caricatura da forma de gobernar, non o é, en Ponteceso danse as subvencións a dedo, pa ti si, pa ti máis e pa ti nadaSe lle caes ben o alcalde ou ao concelleiro de turno pois levas tanto e se non pois non o levas, ou sexa que date por enterado, canto máis arrimado estes e máis servil sexas ao goberno do concello, máis carto te poden dar. Isto que semella unha caricatura da forma de gobernar, non o é, en Ponteceso danse as subvencións a dedo, pa ti si, pa ti tamén, pa ti máis e pa ti nada.. e por qué?, pois porque non.

Pedimos, dende o BNG, unhas bases con criterios que dan máis a que máis e mellor traballa dende as asociacións pola cultura e a sociedade dende PontecesoDende o BNG de Ponteceso pedimos reiteradamente estas bases que poñen a todo o mundo en pe de igualdade e que dan as axudas sobre uns criterios amplos e abertos a todas as posibilidades e que dan máis a que máis e mellor traballa dende as asociacións pola cultura e a sociedade de Ponteceso. Esta reclamación fundamental non ben recollida nos orzamentos do novo ano dando pé a forma de concesión a dedo (tradicional, según o equipo de goberno) das subvencións, o que nos da unha primeira razón para estar en contra destes orzamentos. Pero ainda hai máis...

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]