A decisión do alcalde sobre a utilización do fondo de inversión municipal para o ano 2009 perxudica ao concello de Ponteceso

Non consta que teña presentado nesta lexislatura ningunha solicitude de axuda para a construcción dun polideportivoO señor Fondo Aguiar non quere  enterarse. Minte para despistar cando di que  parece que o grupo municipal do Bloque de Ponteceso non quere que se faga un polideportivo en Ponteceso, minte, e aí está a prensa para comprobalo.

Os cartos deben ser utilizados para completar obras e servizos que miren polos colectivos máis desfavorecidos pola criseCoas declaracións do señor alcalde comprobamos que non é capaz de enterarse das propostas do grupo municipal do BNG de Ponteceso, pero  volvemos a repetirllas as veces que queira;  que o alcalde traballe diante da consellería e consiga as axudas necesarias para facer un polideportivo,  e que utilice os cartos que proveñen do fondo de inversión para facer obras de competencia municipal. Pero por como está a actuar pensamos que está a perxudicar ao concello de Ponteceso, non querendo ou non sabendo negociar e conseguir axudas ante as administracións para conseguir apoio autonómico ou provincial para facer o polideportivo (repetindo o mesmo que declaramos na prensa). Nesta lexislatura non consta por escrito que o alcalde fora pedir axudas para construir un polideportivo. Non consta que haxa presentada, nesta lexislatura,  ningunha solicitude de axuda para un polideportivo na consellería de cultura e deporte (preguntamos na delegación desta consellería), e non sabemos porque con 14 anos anteriores de goberno, con gobernos de PP na xunta, non foi quen de conseguilas. Seguimos a pedir que unha obra necesaria para o concello como un polideportivo nas proximidades dos centros educativos, se faga cunha importante axuda autonómica e provincial, traballando a partir de xa por conseguilas. E que cos cartos que veñen para o ano 2009, do fondo de inversión municipal, se proxecten obras que arranxen problemas estruturais nas parroquias e con estas se promova emprego e servizos para os colectivos máis necesitados neste época de crise.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]