CRÓNICA DUNHA BURLA ANUNCIADA: POSTURA DOS CARGOS PÚBLICOS DO GOBERNO DE PONTECESO ANTE A CRISE ECONÓMICA.

conxelación = conservación.O grupo municipal do PP no concello de Ponteceso, co señor alcalde á cabeza, amosou neste pleno do luns unha falta absoluta de sensibilidade ante a presente situación de crise económica na sociedade, que o propio partido popular pon en evidencia en moitas das súas intervencións. Coñecido o problema, chegan as, chamemolas xenerosamente, solucións. Unha moi acaída nestas situacións é a de conxelar  salarios. Os primeiros, e como representantes dos cidadáns e para dar exemplo, a dos cargos políticos. A estratéxia do PP, presentar mocións que demanden a conxelacións dos salarios dos cargos públicos. Ata aqui (pero con disfrace de año), as cousas semellan lóxicas.

o grupo nacionalista propón que desaparezan os gastos superfluos. Os primeiros, os 'soldos' de 600 euros dos concelleiros do partido popularEstas mocións non so parten do PP senon tamén dos grupos socialistas que as están a presentar nos concellos. Conclusións: advertencia a navegantes, para aqueles traballadores con nómina, este ano e os vindeiros conxelacións de soldo (como mínimo). Pero volvamos ao noso concello. Ai está o grupo popular presentando a moción, conxelación de salarios aos membros do equipo de goberno. Para darnos conta da absoluta burla e da pouca responsabilidade destes personaxes, propoño o cambio da palabra conxelación pola de conservación que semánticamente non altera o significado. Propoñemos a conxelación do salarios será o mesmo que decir, propoñemos a conservación dos salarios. (que mellor conservante que conxelar as cousas). Que cara!. Significa conservar salarios de concelleiros que só están no goberno para erguer a man nos plenos. Nen máis nen menos que catro concelleiros que cobran máis de 600 euros ao mes. Multipliquen a desfeita.

coa aprobación desta moción o PP deixa claro a súa total falta de compromiso coa cidadanía en momentos de crise económica.O grupo do BNG tras oir o desatino de boca do señor alcalde propón que desaparezan os gastos superfluos do concello e para comezar, a eliminación destes soldos a estes concelleiros totalmente inútiles para este concello.

O grupo municipal nacionalista demanda sensibilidade neste tema. A resposta foi o total silencio (preguntábame se o da conxelación surtira efecto e quedaran todos petrificados de frío e por iso non contestaban). A moción evidentemente saíu adiante co apoio da maioría popular. Asi que xa saben, os soldos dos concelleiros do PP para este ano e os vindeiros está conservado, non se toca, poden seguir facendo igual que ata agora, que por moción popular o teñen conservado. O que decíamos, unha burla.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]