Como sempre o Concello de Ponteceso, bacheando…..
na obra de arranxo da estrada gastouse unha 'importante' cantidade de material
Que se fagan ben as cousas, e se deixen de chapuzas e de bacheos....Foron invitados a reunirse de novo con todos os veciños da Graña para facer de novo a proposta. Deso fai xa meses e non vimos ningún tipo de iniciativa por parte do Concello. Durante as semanas do mes de Maio, puxéronse de mans á obra e de novo...a chapuza do século, bachearon o inbacheable...por suposto quedou peor do que estaba, pois agora ata se podería considerar un deporte de risco pasear por esa estrada...
semella que algún sitio ainda non quedou moi ben rematado....
Sempre hai algún culpable, se non é a Deputación será unha Consellaría ou a Xunta... ou calquera menos eles.O máis grave é que as culpas aquí levaronas os propios veciños do concello, e a única culpa que teñen é a de confiar nun goberno que se compromete a reunirse con eles pero que aínda non deu ningún tipo de paso para arranxar debidamente esta estrada.
colección de parches na estrada de lestimoño a carballido