Reflexionando sobre a crise

Xurde a reflexión de como nun sistema ultraliberal, (todo vale e o  único xuiz é o mercado), o sector bancario (norteamericano) discorre unha nova estratéxia  para obter máis diñeiro (que é a razón da súa existencia) pensando nas persoas que non son clientes pola sinxela razón de que non  teñen diñeiro. Así crean as hipotecas de alto risco chamadas así porque é diñeiro prestado a persoas que inicialmente non ten recursos para devolvelo e pensando que a situación económica irá favorecendoas para que as poidan pagar, ademais cren que a hipoteca será un pulo para que estas persoas consigan mellorar a súa situación económica e así afrontar o pago da citada hipoteca. (algo que parece unha medida de solidariedade social pero que ten so un apoio bancario que busca obter réditos no mercado).

A falta de transparencia do sistema financieiro fai moi dificil calcular a magnitude da situaciónÉ doado deducir que a clientela é enorme e respondeu masivamente, e para ofrecer todas estas hipotecas necesitan diñeiro, que se lles vai rematando. Para obter máis fondos deben ofrecer este invento a outras entidades que confien neles e é moi 'interesante' ler neste artigo como e que discorren as entidades bancarias  para salvar todos os obstaculos para  presentalas ante o mundo financieiro como operacións de menor risco e así obter a confianza doutros bancos para prestarlles o diñeiro que necesitaban. Finalmente conseguiron poñelas no mercado e agora pagamolo todos debido a globalización, o mercado do carto é global e nestas operacións de apoio  chamaron a moitas portas, algunhas moi próximas. (outra vez operacións deste tipo se saen ben dan moitísimos beneficios a uns poucos ,bancos, e se saen mal perxudican a moitísma xente, a todo aquel que poida ter cartos nalgúnha entidade implicada, e ao que non se lle pedíu permiso para utilizar o seu diñeiro; consecuencias do liberalismo económico).

Forzar a máquina ata tal punto supón que o que sostén todo isto sexa especialmente firme, é decir, que se paguen as hipotecas e que o mercado inmobiliario norteamericano seguira subindo e así as hipotecas se ofrecian por vivendas que mantiñan o valor no mercado. O pior e que isto durou dabondo como para que o sistema fose medrando tanto que case todas as economías mundiais tiñan algún interese en xogo. No momento en que o mercado inmobiliario non aguantou e caíu estrepitosamente, e con el o valor das vivendas, o pago de hipotecas de maior valor que as vivendas era insostible e todo o entramado se derrubou chegando as consecuencias a todas as economías.

Un dos grandes problemas actuais é que debido a opacidade do sistema financieiro é moi dificil de medir a magnitude da situación e polo tanto de prever as súas consecuencias, e así escoitamos  opinións de todo tipo. Sexa unha cousa ou outra consideramos  importante o consenso político para suxerir e levar a cabo as medidas pertinentes para atallar a situación e non é o camiño entrar en debates e buscar o enfrontamento para sacar outro tipo de réditos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]