Outra proposta no dique seco, as áreas de autocaravanas
sinal das áreas de servizo para autocaravanas
Pedíase a creación de dúas áreas, unha en Ponteceso e outra en CormeA Costa da Morte é un reclamo para o turista, corresponde ao concello establecer servizos que faciliten e fomenten a visita dos turistas. A propia Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Turismo está a formentar este tipo de turismo apoiando a creación de áreas de servizo axeitadas. Esta áreas son instalacións sinxelas, constan, basicamente dunha billa para o subministro de auga potable e un sumidoiro para recoller as aguas grises e negras dos depósitos cos que contan os vehículos, ao tempo que é convinte reservar un espazo de aparcadoiro. O feito de contar cunha área destas características supón a promoción en internet a través de páxinas específicas e mesmo a inauguración da área serviría para que centos de usuarios visitaran Ponteceso.
Ponteceso di que non atopa sitios. Pois iso, seguimos sen sitio.Pedíase a creación de dúas áreas, unha en Ponteceso e outra en Corme. O pleno unanimamente a aceptou. Por xaneiro preguntamos como ía o tema e o alcalde dixo que 'non atopaba un sitio para poñelas'. En Carballo, Cabana e Corcubión si hai sitios e semella que si hai vontade é visión para ir dando todo tipo de servizos para atraer aos visitantes e crear atractivos e beneficios aos seus concellos.
.