¿Chega a todos por igual a información das actividades que organiza o concello?

panel de Anllóns coa información obsoleta da celebración do himno galego

O grupo municipal do BNG evidenciou a falta de actualización da información dos actos culturais que chega ás parroquias.

A información das actividades culturais, deportivas e sociais que organiza o concello non chega actualizada á maioria das parroquiasAsí no pleno de xullo de 2007 xa se preguntou, ao equipo de goberno, polas medidas que se estaban a tomar para dar a suficiente publicidade aos actos culturais e deportivos. No seguinte pleno, en Setembro, e ante o comezo do curso escolar e con el o comezo dunha serie de actividades, sobre cal era a maneira de enterarse da oferta municipal e cales medidas se toman para publicitala e asegurar que chegue a toda a cidadanía do concello.

No panel ‘informativo’ no local da Asociación de Veciños de Pazos, atopamos un cartaz do Antroido 2004No seguinte pleno, en Novembro, preguntamos directamente por que a información das actividades culturais non chegan as distintas parroquias do concello. O equipo de goberno, o alcalde, por suposto que abalou a labor dos responsables culturais e deportivos afirmando que o xeito na que chegaba esta información era suficiente, con anuncios en prensa, con carteis polo concello, e na páxina web municipal. (¿e en que ordenadores MUNICIPAIS de que LOCAIS SOCIAIS a disposición dos veciños vemos esta páxina na maioría das parroquias do concello?). O grupo municipal do BNG comprometeuse a demostrar que esta publicidade era ineficaz (so habería que escoitar a algúns veciños e veciñas) evidenciando o estado de actualización dos paneis informativos nas parroquias.

A existencia dista situación representa a despreocupación dos seus gobernantesAsí no pleno de Xaneiro presentamos unha moción na que poñemos en evidencia esta situación e pedimos que o goberno se comprometa a levar a información de todas as actividades culturais, sociais e deportivas que se promoven en Ponteceso a todos aqueles lugares que sinalamos en dita moción.  Percorrimos todo o concello e por exemplo na asociación de  Xornes observamos que non hai ningún cartaz informativo sobre as actividades do concello no panel informativo da asociación de veciños, nin na igrexa, esto tamén sucede na parroquia de Cores, de Tallo, na Bugalleira, na Graña. Con carteis obsoletos, de eventos que xa pasaron por isas datas pero con ningún cartaz sobre actividades que se van desenvolver están os paneis en parroquias como a de Anllóns, Nemeño, Cospindo, e como exemplo máis rechamante de desinformación atopámolo no panel ‘informativo’ no local da Asociación de Veciños de Pazos, no que se atopa un cartaz do Antroido 2004 e da información que debera estar, nada de nada.

cartaz de Pazos

A pesar de que o goberno votou A FAVOR dista moción para arranxar este tema, a día de hoxe a situación non é mellor. A existencia desta situación, nun concello con recursos humanos e materiais abondos para manter actualizada a información en todas as parroquias, representa a despreocupación dos seus gobernantes.

.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]