Molestias ¿necesarias?
O EDAR de Ponteceso
Os veciños sofren as molestias dunha obra interminable, sobre isto, o concello di que lle pregunten a outrosCando se inaugurou díxose que non ía causar molestía ningunha. O tempo, da e quita razóns. So hai que preguntarlle aos veciños e veciñas da volta. Un cheiro nausebundo se extende, ás veces, polos ao redores da depuradora e se mete nas rúas e nas casas. O río O Gallardo está máis morto que vivo, ‘non hai nen muxos’ din algúns veciños. Os máis próximos á depuradora din que senten un ruido insistente e molesto, cando se dixo que non ía facer ningún.
O grupo municipal do BNG de Ponteceso ten presentada unha moción en marzo diste ano, na que se pedía ao concello que axilizara a execución da obra que estaba a causar moitas molestias aos veciños e que despois das mesmas se saneara o río O Gallardo onde se fan verquidos. Volveuselle insistir cunha pregunta e un rogo en Maio sobre o mesmo tema, espoñendo os molestos cheiros que algúns días tivemos que soportar en Ponteceso. Neste último pleno volta a preguntar cando ían rematar a obra e cales ían ser as actuacións posteriores a ista. O alcalde respondeu coma sempre. O responsable é a consellería de Medio Ambiente e cando remate a obra van comezar coa limpeza da canle do río O Gallardo. O concello non pode facer máis. ¿Non pode o concello controlar a execución da obra para que se minimicen ao máximo estas molestias?. Está tan claro que si, como que, polos resultados non o está a facer, tira balóns fóra poñendo a responsabilidade na consellería. Dende o BNG esiximos ao concello que comece con ise control. Logo haberá que ver, ao remate, que van facer no río. Estaremos atentos.