Garantir industria limpa en consoancia cun plan estratéxico para o concello

a movilización popular evitou imaxes coma esta (ou seguramente piores)

Á poboación o primeiro que lle hai que ofrecer é un plan estratéxico en consoancia coa realidade socioeconómica da zona.  Os grandes proxectos sempre venderon moito pero hai que analizar polo miúdo que significan. As industrias como as celulosas, das que se falou nalgún foro recentemente da posibilidade de asentala pola zona, ten moitos tentáculos, algúns nada apetecibeis.

industrias respectuosas cun entorno privilexiado para crear emprego de calidadeSerá responsabilidade dos gobernos de turno a de garantir que, industrias deste tipo, sexan limpas e respectuosas cun entorno privilexiado para desenvolver políticas de promoción económica en moitas áreas, tanto a nivel servizos relacionados co turismo  (gastronómico, patrimonial, cultural, de lecer...) , como co comercio, como a nivel produtivo-extractivo de produtos de calidade...., que poden xerar emprego de calidade para a zona. Se non é así, mellor estar quietiños.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]