Polo menos sen faltas de ortografía.

cartel praia valarés

En ecoloxía, unha maneira de medir a madurez dun ecosistema é contabilizar a aqueles seres vivos que se atopan no alto da cadea alimentaria, o que chamaríamos superdepredadores, por que se existen e están en bo número, significa que os niveis alimentarios que os soportan están en moi bo estado e moi ben organizados. A presenza de lobos, aguias reais, linces... é denotativo de un ecosistema diverso, maduro e estable.

a identificación coa nosa lingua e o seu uso normalizado ten significadoUnha maneira de medir a fortaleza dunha sociedade e da súa estrutura é o respecto que se ten polas súas manifestacións culturais, o respecto a súa identidade e aos seus elementos xenuínos, a súa superestrutura, que denota unha sociedade madura e con fortaleza para avanzar. A identificación coa nosa lingua propia e o seu uso de maneira normalizado ten este significado. Outros van por outro camiño, outros están noutro ecosistema.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]