O BNG pregunta polas medidas de seguridade na obra do PERI en Corme

unha obra que cumpra con todas as medidas de seguridadeAdemais das medidas normais de seguridade esta obra, ao utilizar explosivos, ten un risco engadido se temos en conta que está sendo executada nunha zona urbana.

A obra debe estar pechada por un valado que efectivamente ten, pero debe deixar un paso para os peóns, polo que preguntamos se naquelas zonas onde o valado invade a calzada ten a obriga a obra de poñer un paso para os peóns, e ¿se é así, porqué non está posto?

E sobre a utilización de explosivos nos interesamos polos seguintes temas:

a obra do PERI en Corme

Se ten concedida, polas autoridades pertinentes a licenza de utilización de explosivos e que obrigas é que medidas se están a tomar con respecto a utilización dos mesmo nunha zona urbana en canto a:
•    Vixiancia (hai veciños que din que entran rapaces na obra)
•    Seguridade para as persoas .
•    Vivendas (hai vivendas que teñen desperfetos por mor das explosións.)
•    Sinalización. (hai algún tempo de aviso e de sinalización do perigo para os veciños)

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]