vertedoiros incontrolados

é necesario algo máis que 'vontade' para erradicar os vertedoiros incontraladosO BNG leva presentado varias preguntas ao goberno sobre cal é o plan ou proxecto municipal para erradicar os vertedoiros incontrolados ao que o alcalde contestou que é vontade do seu goberno acabar con todos eles. Claro que a vontade está moi ben, pero soamente a vontade non vai ser a que arranxe o problema. Volta a preguntar cal é o proxecto e nos informa das grandes dificultades que ten o goberno xa que moitos deles están en terreos particulares e non é doado acceder a eles.

vertedoiro en xornes

Ben, pois aquí deixamos algunha foto e a sua localización (doado está de atopalos con un pouco de "vontade" por facelo) de algún vertedoiro que medra polo noso concello e non precisamente en terreos privados.

vertedoiro en xornes

.

vertedeiro en xornes, nas marxes do río

.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]