O BNG de Ponteceso reborda de xente a Casa dos Veciños do Couto na presentación da candidatura

Manuel Varela, candidato á alcaldía de Ponteceso

 

Polo noso concello. Candidatura do BNG que se presenta ás eleccións municipais do 22 de Maio de 2011 en Ponteceso.

 

11/04/2011.  O BNG de Ponteceso presentou publicamente a súa candidatura en sociedade este pasado venres, nun acto que continúa a senda de precampaña electoral do BNG na comarca ao contar cun novo cheo no auditorio, un cento de persoas que ateigaron a Casa dos Veciños do Couto para apoiar a candidatura que encabezará Manuel Varela.

Nieves Suárez, concelleira e número 2 da candidatura

Nieves Suárez, concelleira, membro da Executiva Comarcal do BNG e número 2 da candidatura, oficiou de mestra de cerimonias, agradeceu a presenza dos/das asistentes, tanto dos/das compañeiras da organización (onde volvía a haber numerosa representación de futuros alcaldes da comarca) como da veciñanza de Ponteceso, deu paso á actuación musical e á presentación do vídeo da candidatura, que podes ver tamén aquí.

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, interviu no acto a petición dos compañeiros e compañeiras de Ponteceso, para contrapoñer o modelo BNG, un modelo no que destacou a aposta por un goberno participativo no que se facilita a participación da oposición nos máis diversos órganos municipais. O alcalde de Carballo tamén destacou o paso adiante dado na redución da débeda municipal nestes oito anos sen renunciar ás obras que transformaron a faciana de Carballo.

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, interviu no acto

 

Manuel Varela, candidato á alcaldía, subiu ao estrado para presentar as liñas mestras da aposta do BNG neste 2011. Destacou da súa candidatura dúas claves principais: a continuidade do grupo que hai catro anos conseguiu aumentar a representación até os/as tres concelleiros/as; e a mistura de experiencia con moita xuventude, que dota de unha especial enexía á candidatura.

O candidato do BNG fixo repaso de algunhas das principais cuestións da polémica municipal dos últimos anos, centrando as súas críticas na mala xestión financieira (da que lamentou que non se coñezan todos os datos) e na opacidade da xestión urbanística.

 

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]