Manuel Varela encabeza unha candidatura preparada para gobernar Ponteceso
O BNG presenta en Ponteceso unha lista con experiencia política, mais tamén con xuventude para afrontar con ilusión os retos da lexislatura vindeira
Manuel Varela Domínguez, actual portavoz municipal, encabezará a candidatura do BNG por segunda vez, despois dun máis que notábel ascenso hai catro anos que deixara o BNG ás portas da alcaldía.
Manuel Varela Domínguez, actual portavoz municipal, encabezará a candidatura do BNG de Ponteceso
O BNG presenta en Ponteceso unha lista con experiencia política, mais tamén con xuventude para afrontar con ilusión os retos da lexislatura vindeira; unha lista con estudantado e traballadores/as dos máis diferentes ámbitos que dan ao BNG un coñecemento da realidade do concello.
As claves da aposta do BNG
O BNG parte coa idea de que Ponteceso necesita un cambio de rumbo na súa política local para romper coa caída libre que a nivel económico está a propiciar o Partido Popular, cun nivel de servizos por debaixo do que a veciñanza precisa e merece.
O BNG aposta por garantir responsabilidade tanto dende o punto de vista de axuste no gasto como de reparto nos orzamentos, que levará a ofrecer novas posibilidades de fomento de políticas de emprego, de prestación de servizos e de valorización do patrimonio municipal.
Pondal como símbolo
BNG escolleu para a súa presentación pública o espazo que na praza do Recheo ocupa o monolito en recordo do ilustre pontecesán Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego, e moi preto da súa casa natal.
O BNG reivindícase así como unha forza comprometida co país, orgullosa do noso pasado e da nosa veciñanza máis ilustre, como mellor garantía para construírmos o futuro que Ponteceso precisa e merece.