A labor deste goberno vai para récord de opacidade.

Plenos as nove de maña, intervencións limitadas por un regulamento aprobado polos populares, bloqueo das formas de gravación das intervenciónsAo comezo desta lexislatura, o alcalde impuxo a celebración dos plenos os luns ás nove da maña, hora laborable que impide aos veciños e veciñas ir como público. O BNG presentou numerosas iniciativas demandando o cambio de hora para facilitar a asistencia de público, pero non se tiveron en conta. No lle bastou con isto que aprobou un regulamento, sen contar coa oposición, que o único que busca é silenciala limitando moito as intervencións dos grupos podendo formular só unha pregunta e un prego cada concelleiro e tres mocións cada grupo, e reducindo tamén os tempos nos que podemos responder. Da unha idea da presa que tiñan de aprobalo que o entregaron no pleno en castelá o cal indica, ademais das intencións, a improvisación, seguramente buscando na internet un que se adaptase a estas intencións e copiárono, e non tiveron nin o tacto de traducilo ao galego. Outra vez mostramos o noso rexeitamento a este regulamento e a como foi elaborado e aprobado, pero fixeron caso omiso.

Tampouco sorprendeu que non aprobaran a constitución dunha comisión de seguimento para o problema das fendas polos votos en contra do Partido PopularTampouco nos sorprendeu que cando se pedía a constitución dunha comisión de seguimento para o problema das fendas dos edificios de Ponteceso tampouco se aprobara polos votos en contra dos concelleiros do Partido Popular.

Tamén dende o comezo da lexislatura pedimos reiteradas veces a retransmisión dos plenos ou que se rexistraran para colgalos na rede e a cidadanía tivera un medio de acceder a eles. Pero as intencións do goberno non cambian e o alcalde foi saíndo do compromiso dando largas ata que despois de moito insistir, no 2009, permitiu gravar en son. O grupo municipal do BNG usa unha cámara de vídeo á que tapa o obxectivo para non rexistrar imaxes e gravar o son das intervencións dos membros da Corporación. Pero isto está a poñer nervioso ao alcalde, que non ve aceptable ningún recurso que axude á labor da oposición ou que permita acceder á información plenaria aos veciños e veciñas, polo que no último pleno volveuse contra as súas decisións e ameazou ao portavoz do grupo municipal do BNG de lévalo aos tribunais se gravaba imaxe coa cámara de vídeo, cousa que sabe que non sucede. Despois deste intento de amedrentamento, non sorprendería que a próxima medida sexa de impedir rexistrar nada a toda costa, e ir engadindo escurantismo público a labor deste equipo de goberno. Isto da unha proba da nula transparencia na acción deste goberno

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]