O alcalde paga as reparacións de obras con cartos para a luz.
O alcalde utiliza un recurso económico para afrontar as débedas do concello que leva a unha grave desplanificación económica.Debido á mala xestión económica as obrigas herdadas de anos anteriores son moitas, e para pagalas o goberno municipal utiliza partidas deste ano que se van baleirando e que cubrían gastos que terán que afrontar sacando diñeiro doutras partidas e así indefinidamente.
Así está a pagar a débeda contraída en exercicios anteriores e o presuposto do concello vai progresivamente quedando sen capacidade para facer ningún tipo de actuación, polo que, as que se executan no concello teñen que ser a cargo das axudas doutras administracións (Estado, Xunta, Deputación).
O que está a facer co presuposto provoca que sexa moi complicado facer ningunha previsión por falta de confianza de que os cartos que se ían adicar ao pago dalgún ben ou servizo teñan que adicarse, pola improvisación na xestión deste goberno, a outro moi diferente. O BNG nin participa nin aproba esa mala previsión que continuamente está a xerar incertidume económica nas contas do concello.
Un bo exemplo desta forma de xestionar o tivemos no pleno celebrado este 5 de marzo. Aprobaron un gasto de 125.000 euros do presuposto do 2010 para facer fronte as obrigas pendentes do ano anterior, coa grave diminución da capacidade económica para este ano. O BNG non pode apoiar este tipo de actuación que remenda continuamente a economía do concello.
Pero despois de aprobar isto, neste mesmo pleno, aprobaron unha obra: a reparación do muro do campo de fútbol de Corme, pero polas consecuencias de aprobar o punto anterior quedaron sen cartos nas partidas necesarias, polo que hai que botar man doutras. O goberno aprobou en solitario adicar diñeiro do consignado ao pago da luz pública e do reservado a gastos de lixo, ademais do doutras partidas, para poder reunir os 74.000 euros que lle vai custar ao concello esta reparación. Non podemos ser cómplices desta chapuza económica que ten que ir xa as partidas para pagar servizos públicos obrigatorios para afrontar reparacións. Isto ten dúas consecuencias graves, que non vai haber cartos para pagar os servizos públicos como a luz ou o lixo e que vai haber que quitalos doutras partidas, o que deixará sen cartos outros servizos e así indefinidamente ata que non haxa de onde sacar.
O BNG está a favor da reparación do muro do campo de fútbol do CairoO BNG está a favor da reparación do muro do campo de fútbol do Cairo, pero non desta forma, facéndoo cos cartos cos que hai que pagar servizos públicos imprescindibles para todos os veciños e veciñas de Ponteceso, e pedimos que no caso desta obra, ante certas dúbidas xeradas, o primeiro que se faga sexa un estudo de si hai algunha relación entre a caída do muro e a última obra que se estivo facendo neste mesmo campo.