Rexeitamento do decretazo contra o galego no ensino
concetración Queremos Galego Bergantiños
O luns 15 de marzo, centos de persoas concentráronse na praza do concello de Carballo para rexeitar a aprobación do que será o decretazo contra o galego no ensino. O BNG de Ponteceso estivo alí para apoiar a movilización da sociedade galega contra o maior ataque á nosa língua en toda a historia da autonomía.
O goberno de Núñez Feijóo quere acelerar a extinción do galegoArtur Trillo, voceiro da plataforma Queremos Galego na comarca, leíu o manifesto do que podedes ver o vídeo neste artigo.
O BNG reafirma todos os puntos do manifesto e quere insistir nas últimas palabras do documento:
concentración en Carballo de Queremos Galego
cómpre continuarmos cunha mobilización intensa, á cal está chamada o conxunto da sociedade, tanto falantes de galego como falantes de castelán. O goberno de Núñez Feijóo quere acelerar a extinción do galego, levándonos a un marco legal preautonómico. De nós depende evitalo!
PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO!