Sanidade volve a suspender a calidade das augas do Tea ao seu paso por Ponteareas

O BNG, a través do concelleiro, Bolívar González lamentou que Ponteareas sexa, unha vez máis, foco dunha noticia negativa a raíz da recente divulgación, por parte da Consellaría de Sanidade, do informe da calidade das augas, “o informe de Sanidade confirma a incapacidade do PP e Solla para resolver o grave problema de contaminación do rio, o Tea sigue a recibir, directamente da rede de saneamento de Ponteareas, verteduras sen depurar”, afirmou o concelleiro nacionalista.


Sanidade califica de non apta a calidade da agua do Tea na zona de San Roque.

A zona de San Roque é unha das únicas catro praias fluviais da provincia que foron suspendidas pola Consellaría de Sanidade, situación que se leva dando consecutivamente ano tras ano, e que se suma as das praias da Moscadeira e As Partidas na parroquia de Moreira, nestes casos, a Consellaría xa non realiza análise das augas, por levar varios anos dando resultados negativos.


Actulamente, a directiva europea sobre a calidade das augas, obriga a que os concellos nos que se detecten zonas de baño de calidade insuficiente deberán adoptar as medidas correspondentes para que a situación esté revertida a finais de 2015, data na que todas as aguas de baño deberán ter unha calidade cando menos suficiente.


Os nacionalistas afirman que Ponteareas non logrará este obxectivo do ano 2015 mentres o PP e Solla sigan no goberno por considerar un rotundo fracaso para a mellora do medio ambiente as décadas do PP no goberno local e en particular os últimos oito anos con Solla na alcaldía. “É de auténtica vergoña que despois de dispoñer nos últimos anos, de máis de doce millóns de euros para investimentos cos distintos plans de obras do Estado, Xunta e Deputación, Salvador G. Solla non fose capaz de resolver o problema das verteduras ao Tea sen depurar do núcleo urbano de Ponteareas” manifestou Bolívar González.


Os nacionalistas lembran as declaracións do alcalde afirmando a recuperación do Tea, “Solla realizou, non hai moito tempo, grandes anuncios de que xestionara e investira centos de miles de euros en recuperar o Tea, a realidade é ben distinta; a rede de saneamento verte directamente ao Regato da Venda, augas sen depurar verten directamente ao Tea, o concello é sancionado pola Confederación Hidrográfica por esta contaminación e agora Sanidade tamén repite o suspenso dos anos anteriores, non se avanzou nada, o Tea sigue contaminado e o patrimonio natural da ribeira do río, cada día maís degradado.”, manifestou Bolívar González.


“Resulta incrible,17 anos despois de inaugurada a estación depuradora, que existan aínda hoxe verteduras procedentes da rede xeral de sumidoiros de Ponteareas que van directos ao río sen depurar”, afirmou o concelleiro do BNG.

O saneamento é unha das meirandes vergonzas do PP e Solla en Ponteareas

“Ponteareas non pode seguir degradando o río sen darlle unha solución definitiva, Solla xa demostrou a súa incapacidade, é hora do cambio político para revertir esta situación” recalcou Bolívar González, referíndose as forzas da oposición, ACIP e PSOE que conxuntamente co BNG suman unha amplia maioría fronte ao Partido Popular que goberna en minoría sen resolver as prioridades de Ponteareas.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]