Xosé Represas, candidato á Alcaldía.
O BNG de Ponteareas elexiu como candidato á Alcaldía a Xosé Represas Giráldez. Represas naceu en Xinzo e vive na vila desde hai 20 anos.É Diplomado en Empresariais e traballa nunha entidade financieira como apoderado. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e do seu Centro Cultural e Presidente da Asociación Forestal de Galiza. É concelleiro desde o 2009 e ten exercido diferentes responsabilidades no BNG en Ponteareas e no Condado. O BNG adiantou xa a decisión sobre o grupo de persoas que acompañarán a Xosé Represas nos primeiros postos da candidatura nacionalista para as eleccións municipais de maio. A candidatura do BNG mantén un equilibrio entre renovación e experiencia e está formada por xente que conta cunha recoñecida experiencia organizativa e cun amplo coñecemento dos problemas de ponteareas, persoas con liderado social e capacidade de xestión demostrada, necesarias para lograr o cambio que Ponteareas precisa.