O BNG reclama una convocatoria urxente da Mesa do viño para establecer os contratos homologados de compra e venda

Tereixa Paz: “ a piques de comezar a  vendima, os produtores seguen a  mercé do mercado descoñecendo cando  e canto cobrarán pola súa produción” 

Santiago de Compostela, 7 de setembro, 2011- A portavoz de Agricultura do BNG, Tereixa Paz compareceu hoxe ante os medios de comunicación, na localidade do Ribadavia, acompañada do Alcalde de Castrelo de Miño e o responsábel comarcal do BNG.

 Na súa intervención, a deputada nacionalista reclamou da Consellaría de Medio Rural unha convocatoria  “urxente” da Mesa do Viño ante a situación de indefensión dos produtores a poucos días de comezar a vendima.

Paz explicou que ata o de agora non se coñece ningunha actuación de Medio Rural para dotar de contratos homologados ao sector naquelas denominación que  estes expiraron como acontece na denominación de orixe do Ribeiro.

Os produtores descoñecen o prezo

Para a parlamentaria do BNG, esta situación crea a “indefensión e inestabilidade”  dos produtores que permanecen a mercé exclusivamente do mercado ao que deben entregar a súa produción sen saber cando e canto cobrarán por ela.

Tereixa Paz recrimina que a estas alturas a Consellaría de Medio Rural non teña intervido para paliar as consecuencias que a imposibilidade de subscribir contratos homologados pode provocar no sector vitivinícola.

Grave situación no sector

Paz alertou da   gravidade da situación que pode provocar descensos no prezo da uva, arredor do 40%, circunstancia,- que ao seu xuízo-,  porá en perigo a “continuidade de moitas explotacións”.

A deputada tamén  informou aos medios de comunicación das iniciativas presentadas no Parlamento galego  ao fin de interpelar  ao conselleiro Samuel Juárez para que con caracter “urxente” convoque a Mesa do Viño e negocie o establecemento de contratos homologados no sector vitivinícola.

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]